Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un camioneiro falece nun accidente nos Valos

RR_Noticias

Un camión e un tráiler chocaron na tarde de onte na estrada N-550. A vítima mortal, veciño de Mos, conducía o camión pequeno, e saíu despedido da cabina de bido ó impacto. O outro camioneiro sufriu feridas leves.

O falecido é un veciño da parroquia de Dornelas, de 56 anos, e tivo que ser rescatado polos bombeiros ó quedar enganchado debaixo do seu propio camión. As testemuñas do accidente relataban que o falecido saíu despedido da cabina do seu vehículo, que partiu como consecuencia do impacto. O condutor do outro camión implicado, un tráiler que circulaba en sentido Redondela, sufriu feridas leves. O accidente produciuse sobre as 14.30 horas cando o camión máis pequeno no que viaxaba a vítima se incorporou á estrada, á altura do quilómetro 148, case fronte á gasolineira, e foi arroiado polo tráiler. Agora a Garda Civil investiga todas as circunstancias que rodean o fatal accidente. O brutal impacto frontolateral recibido polo vehículo do falecido abriu a súa cabina, saíndo o corpo despedido e quedando debaixo da carrozaría enganchado aos baixos. Ao lugar trasladáronse inmediatamente unha dotación dos bombeiros de Porriño que procederon a rescatar o corpo de debaixo do camión de repartición sen poder facer nada polo camioneiro, que xa falecera. A vítima presentaba un forte traumatismo creaneoencefálcio así como numerosos traumatismos sufridos por todo o corpo. Os efectivos da Garda Civil procederon a regular o tráfico, moi intenso naqueles momentos, e recoller probas sobre o sinistro de circulación. Ao lugar tamén se trasladaron os servizos de emerxencia sanitaria que atenderon ao outro camioneiro, que presentaba feridas leves. O camioneiro falecido rexentaba unha froitería no centro da localidade do Porriño, de onde ao parecer regresaba cando se produciu o fatal accidente.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará