Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Festa rachada no III Magosto Furtivo do Viso

RR_Noticias

O torreiro de festas da Teixeira acollerá o sábado día 1 de decembro este festival onde as castañas se misturan coa música, os títeres, o humor… nunha xornada participativa na que o colectivo Lúa Meiga e o grupo Tanto Nos Ten organiza actividades para todos os públicos.  

Desde a organización Xosé Covelo explica que se trata dun festival “alternativo e furtivo”, xa que escapa das datas propias dos magostos e mistura moitas máis actividades.Comezarán ás 17.00 horas, e continuarán ben entrada a noitiña “ata que o corpo aguante”. Na xornada festiva participa a Asociación Xuvenil Xoeira, que organizará obradoiros para os máis pequenos. Entre os colaboradores está tamén a Tenda de Concha, así como máis dunha ducia de veciños que se encargarán de asar as castañas e preparar a chocolatada, ademais de doar produtos para axudarna organización dunha festa “para todos e todas”. Contarán coa actuación do grupo de títeres Tanxarina, o malabarista e cómico Peter Punk, a música tradicional dos Campantes da Baña e rematarán a festa cunha foliada na que poden participar todos os grupos e músicos que o desexen. Contarán cunha gran carpa para protexerse do frío e farán tamén unha mostra de elaboración de augardente cun alambique. Desde a organización agradecen toda a axuda desinteresada por pare dos veciños e establecementos comerciais, e lamentan que desde as administracións a colaboración sexa “cada vez menor”.  

Xosé Covelo organizador
Desde Lúa Meiga falan do magosto furtivo.
Colaboración veciñal
A organizaciónd salienta a axuda que teñen por parte dos veciños e locais comerciais e lamentan a falta de apoio por parte das institución.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará