Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os comuneiros de Moscoso, Xunqueiras, Calvos e Traspielas inauguran a Senda do Barragán

RR_Noticias

As catro Comunidades de Montes, pertencentes a Pazos de Borbén e Fornelos de Montes levan traballando desde o ano 2009 a prol da protección da fraga do Barragán e da súa riqueza, tanto natural como cultural. Mañá darán a coñecer o proxecto “Posta en valor da Fraga do Barragán”, coa inauguración dunha senda de 17 quilómetros.

Unha vez rematadas as obras os comuneiros van a celebralo mañá sábado, día 17, cunha andaina polo sendeiro, na que poden participar todos os veciños e visitantes que o desexen. Sairán ás 9.30 horas do Torreiro de Xunqueiras, para comezar o percorrido pola senda e poder descubrir “todos os seus segredos”. Ao tratarse dun longo percorrido, de 17 quilómetros, a organización recomenda levar roupa e calzado apropiado. A actuación consistiu na posta en valor do patrimonio natural e cultural da contorna da canle fluvial do Barragán e unha ruta de sendeirismo circular de dificultade medio-baixa (denominada PR-G 164). A senda está perfectamente sinalizada e conta con vinte paneis explicativos nos distintos puntos de interese. Dentro do proxecto as Comunidades de Montes tamén restauraron distintos elementos do patrimonio etnográfico e cultural da zona, como a denominada “Casa da Raíña”, un acueduto construído no último terzo do século XVIII, oito muíños de auga, varios pasos e a antiga ponte de Pau, en Freaza. Todo un tesouro natural, cultural e etnográfico, pero que para moitos é aínda descoñecido. Por iso o proxecto de “Posta en valor da Fraga do Barragán” pretende dar a coñecer este importante patrimonio. A actuación contou cun orzamento de 225.684 euros, financiado na súa maior parte cunha subvención europea a través do programa Leader. Para promocionalo as Comunidades de Montes crearon a páxina web www.sendadobarragan.com, e teñen editado 2.000 trípticos informativos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará