Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ventorock 2012, moito máis que música

RR_Noticias

A quinta edición do festival achega este sábado a Ventosela un amplo programa de actividades que inclúe xogos populares, malabares, obradoiros infantís, maxia, gastronomía, un magosto e, como non, moita música. Os grupos galegos La Vaga Banda, Sozios a la Fuerza, Ulträqäns e MeDoMedÁ serán os encargados de poñer o ritmo.

A asociación xuvenil Ventorock ofrece unha xornada completa de festa no campo da Miñoteira, en Ventosela. Nesta quinta edición fixeron un gran esforzo co obxectivo de chegar “a todos os públicos”, tanto nas actividades de día como nos concertos da noite. As actividades comezarán ás 16.00 horas con campionatos de chave e un circuíto de xogos populares. Os máis pequenos poderán participar en obradoiros de pintura,manualidades e malabares. Tamén haberá exhibición de malabaristas e a unha actuación de maxia do Mago Eloy. Xa entrada a noite celebran unha cea popular onde se servirán racións de lentellas, xamón asado e chourizos asados, ao prezo de 2 €. Logo repetirán o seu tradicional magosto, onde repartirán castañas asadas de balde. Chegadas as 21.00 horas darán comezo os concertos. Actuarán La Vaga Banda, gañadores do I Concurso de Bandas Locais Ventorock; o grupo de Muros Sozios a la Fuerza, que rende tributo á mítica banda de punk La Polla Records; dese A Coruña chegará a música folk-punk de Ulträqäns; e como grupo estrela actuará MeDoMedÁ, que chegan desde Teo co seu explosivo e divertido directo. A entrada será de balde, e a organización conta cunha carpa completamente cuberta. Para máis información acerca do festival poden visitar a páxina web www.ventorock.es.  

Pablo Ubeira da organización
A asociación Ventorok ofrece un amplo programa de actividades para chegar a todos os públicos.
Cartel dos concertos
O Ventorock ofrece música galega variada e de calidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará