Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela, capital do reggae

RR_Noticias

Máis de vinte artistas ofrecerán ó público da sala Disco Tasca oito horas de música en directo. Poderán gozar do reggae nos seus máis variados estilos, desde o clásico ao máis moderno, do rock steady ao dub, para trasladar a vila dos Viadutos ata Xamaica. A cita é o sábado, ás 23.30 horas.

Organizado pola asociación Minho Reggae, o festival Cool Reggea cumpre a súa segunda edición e permitirá ver, por primeira vez en Galicia, a banda madrileña Goymamba. Dende Porto chegará Bob Figurante, un dos referentes do reggae en Portugal. Tamén estarán Selassie Sound System, de Santiago de Compostela e Skio Selekta, do Morrazo, que compartirá escenario co francés Ali Sutta Gator. Javier Vicente, da asociación Minho Reggae, explica que tamén haberá un oco para os clásicos da música xamaicana da man da Jamaican Sessión, unha formación que se nutre de músicos de toda a bisbarra, membros de bandas como Transilvanians, Zamaramandi ou Meninos Carentes. A entrada, con dereito a unha consumición, custa 10 €, 6 € en venda anticipada e para os socios. Máis información a páxina web www.minhoreggae.com.  

Javier Vicente de Minho Reggae
Desde a organización fálannos do concerto da Disco Tasca.
Música de Goymamba
O tema "In your town" será un dos que interprete a banda madrileña.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará