Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Falece un home tras saír da vía o seu coche en Chapela

RR_Noticias

O accidente produciuse na N-552, preto do Alto da Encarnación. Ao parecer o home, duns 80 anos, sufriu un esvaecemento e perdeu o control do turismo, que foi parar á cuneta. Cando chegaron os servizos de emerxencias o condutor xa falecera. Todo apunta que a causa da morte foi por mor dalgún problema de saúde, e non polo accidente, xa que nin o coche nin o condutor presentaban danos.

O suceso produciuse ás 8.53 horas. Un particular foi o que alertou ao servizo do 112 do sinistro, e indicou que o condutor sufrira algún tipo de desmaio e perdeu o control do coche. Cando a ambulancia medicalizada do 061 chegou ao lugar do sinistro, o home xa falecera. A vítima non portaba documentación, pero segundo os datos do vehículo, un Ford Fiesta, o coche pertence a un veciño de Pazos de Borbén. Até Chapela trasladáronse tamén Policía Local, Grumir de Redondela e efectivos da Garda Civil. Este é o segundo accidente de gravidade que se produce na N-552 esta semana. O pasado luns, a tan só uns metros de distancia, un autobús escolar e un turismo chocaron no cruce do Alto da Encarnación. Os ocupantes do coche, unha muller de 38 anos e o seu fillo de 10, permanece hospitalizados en estado moi grave desde entón.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará