Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Lendo a Lenda pecha o ciclo de Cine e Saúde Mental coa proxección de “Inocencia Interrumpida”

RR_Noticias

O filme, baseado nunha historia real conta no seu reparto con Winona Ryder e Angelina Jolie, e relata a vida dun grupo de mozas americanas que en 1967 son recluídas nun psiquiátrico. A cita é no Multiusos da Xunqueira, o venres, ás 19.30 horas con entrada de balde.

É a terceira proxección que organiza Lendo a Lenda, logo de “Birdy”, de Alan Parker, e “Las tres caras de Eva”, de Nunnally Johnson. Jose Luis Ezama e Francisco Somoza, explican que o obxcectivo deste ciclo de cine é “achegar á sociadade a problemática das enfermedades mentais, compartir distintos puntos de vista, inquedanzas e experiencias”. Unha reflexión colectiva que utiliza o cine cunha selección de películas escollidas “pola súa temática e tamén pola súa calidade artística”. A última das proxección é o filme de James Mangold, que lle valeu a Angelina Jolie o Óscar e o Globo de Ouro como mellor actriz secundaria. Ao remata da longametraxe haberá un coloquio para que os participantes poidan facer a súa valoración e intercambiar opinións. Para a asociación cultural Lendo a Lenda este programa de cine “cumpriu cos seus obxectivos”, e agardan a participación do público na última cita, mañá venres.  

Jose Luis Ezama Lendo a Lenda
Os organizadores apostan polo cine de calidade para facer unha reflexión sobre a saúde mental.
Francisco Somoza
Desde Lendo a Lenda fan un balance positivo do ciclo de cine.
Trailer de Inocencia interrumpida
Winona Ryder e Angelina Jolie son dúas das protagonistas do filme de James Mangold.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará