Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O vídeo “Eu falarei” do IES Chapela proclámase gañador do IV Certame Ouff Escola de Ourense

RR_Noticias

Con este premio o xurado recoñece o traballo coordinado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto redondelán no que participou toda a comunidade educativa e outros veciños e colectivos da parroquia. O vídeo musical é un “canto de amor” á lingua galega e o compromiso de utilizar o idioma propio para que non esmoreza.

O premio foi entregado onte no marco do Festival Internacional de Cine de Ourense, a onde viaxaron 54 persoas, alumnado e profesorado do IES de Chapela, para recoller o galardón e dedicarllo “a toda a veciñanza de Chapela” que se identificou co proxecto e “cantou orgullosa o Eu falarei”. Desde o momento no que o vídeo musical se fixo público, o pasado 25 de xuño, xerou un grande rebumbio nas redes sociais, portais e blogues, acadando máis de 30.000 visitas. O argumento do “lipdub” lévanos a un futuro imaxinario no que a lingua galega está morta, e o alumnado do IES de Chapela faina revivir. Logo toda a comunidade (alumnado, profesorado e persoal non docente) así como escolares doutros colexios de Chapela, veciños e membros dos clubs deportivos da parroquia denuncian a desaparición do galego na educación, os medios de comunicación, o ocio, etc. Todos xuntos, coa banda sonora do tema “I will survive”, de Gloria Gaynor, comprométense a defender e usar o galego co lema “Eu falarei”. Miguel Pérez Lorenzo, mestre de música e un dos artífices do traballo, salienta a “gran implicación” de toda a comunidade educativa do IES Chapela, pero tamén de outros colexios, veciños e colectivos da parroquia. Cunha participación de máis de 300 persoas, Pérez entende que se trata dun traballo “de toda Chapela”. O making-of do lipdub xa leva tamén máis de 2000 visitas. Poden velo nos enlaces http://www.youtube.com/watch?v=AerLPRrnIaA e http://www.youtube.com/watch?v=HCsm1Wv9xXw  

Miguel Pérez Lorenzo mestre do IES Chapela
O equipo docente salienta a implicación non só do instituto senón doutros colectivos e veciños da parroquia.
Eu falarei
Fragmento do vídeo musical premiado no certame de Ourense.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará