Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O paro sobe en Redondela máis do 4%

RR_Noticias

O mes de outubro deixa 120 novos desempregados no noso Concello. Uns datos negativos que se repiten en todos os municipios da contorna, con 28 parados máis en Soutomaior, 18 en Pazos de Borbén e 6 en Fornelos de Montes.
 

Os datos do desemprego do pasado mes de outubro publicados este luns pola Consellería de Traballo deixan un balance negativo en Redondela que suma 2.992 persoas anotadas nas listas do INEM, o que supón 120 parados máis que no mes de setembro, cando os rexistros contabilizaban 2.872 desempregados, o que supón un incremento do 4,17%. Se comparamos os datos cos de hai un ano, a diferenza aínda é maior, con 171 desempregados máis. Un crecemento que o noso concello vén sufrindo dende o pasado mes de agosto.
Nos concellos da contorna a situación é moi semellante. O número de desempregados aumentou en todos, aínda que o máis destacable é o caso de Soutomaior, onde no mes de setembro o paro descendía en 42 persoas, o que supuña 833 desempregados, pero durante o pasado mes de outubro a tendencia inverteuse e sumou ás listas do Inem 28 persoas, o que deixa a Soutomaior, con 861 desempregados. Malia todo o balance era peor neste mesmo mes de 2011, onde neste concello rexistrábanse 884 desempregados, 29 máis que na actualidade.
Situación semellante a que viviu o pasado mes o concello de Fornelos de Montes, onde o paro caía no mes de setembro en oito persoas, rexistrando 239 desempregados, pero durante o pasado mes quedaron sen emprego seis o que deixa en 245 o número de parados neste municipio. Pero se comparamos os datos cos de hai doce meses, o balance é positivo, xa que rexistra 6 parados menos.
En Pazos de Borbén tamén creceu o número de persoas sen traballo, 18 no pasado mes, o que deixa 453 sen emprego neste concello, o que supón 27 máis que no mesmo mes do ano 2011.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará