Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O IES de Chapela promove a ciencia en galego

RR_Noticias

Hoxe celébrase o día da Ciencia en Galego, e para conmemorar esta data o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e os departamentos da área de Ciencias do IES de Chapela organizan dúas charlas e unha exposición participativa. O obxectivo é facer chegar ao alumnado que se pode facer ciencia en galego e que, de feito, existen estudos e proxectos na nosa lingua ao máis alto nivel internacional.

Aldán Santamarina, un dos organizadores, explica que o seu obxectivo é facer ver ós alumnos que o galego é útil a todos os niveis, e que malia que a normativa impide dar as aulas de ciencias no idioma do país, científicos e investigadores utilízano no seu traballo diario. As actividades comezan hoxe coa conferencia “Pescudando nas orixes da materia”, con Cibrán Santamarina, profesor de Física de Partículas na Universidade de Santiago e investigador no CERN (Centro Europeo de Investigacións Nucleares). Santamarina explicaralles aos alumnos o seu traballo no maior laboratorio mundial de investigación en física de partículas, situado na fronteira entre Suíza e Francia, onde se atopa o famoso acelerador de partículas. Entre outros proxectos falaralles do “Bosón de Higgs”, experimento no que participou o propio Cibrán Santamarina xunto a outros tres físicos galegos e centos de científicos de todo o mundo. Deste xeito poderán ver de primeira man como a lingua galega é “de uso habitual” na investigación que se fai na Universidade de Santiago e como “se fala tamén en galego no CERN” entre os investigadores galegos, aínda que despois as publicacións son en inglés. Mañá martes poderán ver a exposición interactiva “Leonardo da Vinci cociñeiro, verdade ou mentira?”. Unha mostra feita polo alumnado do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia. Na mostra vincúlase ciencia e cociña a través da figura de Leonardo da Vinci. Ademais tamén poden participar de forma activa na mostra “Do Big Bang ao LHC do CERN”, con 17 paneis explicativos desta exposición con textos en inglés e francés. O alumnado do instituto está a participar traducindo ao galego os textos,e o venres 9 de novembro realizarase entre os participantes un sorteo de premios científicos achegados polos departamentos da área de ciencias do IES.  

Aldan Santamarina do IES Chapela
O obxectivo é que os alumnos saiban que se pode facer ciencia en galego.
O galego na elite científica
En proxectos do máis alto nivel como os do CERN está presente o galego.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará