Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Literatura e cultura alemá en Soutomaior

RR_Noticias

A Biblioteca Municipal de Arcade conta xa cun club de lectura en alemán, o único desta lingua que existe en Galicia. A iniciativa é posible grazas á colaboración voluntaria de Andrea Costas, nada en Stockach, e que agora reside en Soutomaior e traballa en Redondela. O club está aberto á participación de todas aquelas persoas que estean interesadas na literatura alemá e que teñan coñecementos do idioma.

Filla de emigrantes, Andrea Costas considérase 100% galega e 100% alemá. Formada en Alemaña, onde se diplomou no Goethe Institut Berlin, quere agora achegar ós galegos parte da cultura xermana. Grazas ó seu interese e á proposta de Graciela Arias, da Biblioteca de Soutomaior, naceu este club de lectura, o único deste idioma que existe en Galicia. A primeira xuntanza celebrouse o pasado venres, 26 de outubro, e agora terán xuntanzas en venres alternos. A próxima será o 9 de novembro, sempre ás 17.15 horas. A primeira novela coa que están a traballar é “Siddharta”, de Hermann Hesse. Logo virán “La Ópera de los 3 centavos”, de Bertolt Brecht, “Cocina Soul”, de Jasmin Ramadan, “Nathan el Sabio”, de Lessing, e “El tambor de hojalata” de Günter Grass. Unha selección na que Costas quixo recoller “valores seguros” da literatura alemá, misturando diferentes estilos e épocas. E para facer o club de lectura “máis ameno” non se limitan a comentar as lecturas en alemán, senón que tamén se proxectan vídeos de películas relacionadas coa obra e co autor, audios sobre a temática que tratan, etc. Os participantes deste club de lectura son un grupo heteroxéneo, que vai desde os 20 ata os 75 anos, e segue aberto á incorporación de novos membros. Todos aqueles que estean interesados na literatura e a cultura alemá teñen cabida, e o único requisito é ter coñecementos do idioma. Na biblioteca de Soutomaior funcionan tamén outros tres clubs, o de español/galego, con reunións mensuais o último mércores de cada mes, o club de francés con reunións quincenais os martes, e o club en inglés con reunións semanais os xoves. Poden informarse de todos eles na páxina web do Concello de Soutomaior.    

Andrea Costas
A promotora do club de lectura fálanos do seu funcionamento.
Único en Galicia
Costas fálanos de como naceu esta iniciativa que é única en Galicia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará