Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A entrada nos mercados de marisco foráneo fai caer os prezos dos produtos da Ría de Vigo

RR_Noticias

O Patrón Maior de Redondela, Clemente Bastos, denuncia “a falta de control” por parte das administracións da ameixa e berberecho procedente de Portugal e outros países, que se comercializa como galego. A escaseza de capturas, unido a esta competencia desleal, sitúa ó sector marisqueiro da ría nunha situación “límite”.

Desde que abriu a veda, o pasado 1 de outubro, o sector está a constatar a escaseza de bivalvos, tanto ameixa como berberecho, nas augas da Ensenada de San Simón. As capturas baixaron de media un 50% nos pósitos da Ría de Vigo, e de xeito inusual, os prezos tamén. Bastos explica que a situación débese á chegada masiva aos mercados de marisco foráneo, que se vende como galego, e que fai caer os prezos. Por iso demandan “un maior control” por parte das autoridades. En canto á escaseza de capturas, o Patrón Maior de Redondela explica que o descenso se debe, en parte “á falta de axudas económicas para repoboar os bancos marisqueiros”. A crise económica e os recortes afectan tamén ó sector pesqueiro, e a Confraría redondelá hai tres anos que o non recibe subvencións para sementar a ensenada con cría de bivalvos. Agora deben ser as propias mariscadoras as que financien o 100% das repoboacións, polo que estas campañas se ven “moi reducidas”. Case un milleiro de persoas, entre mariscadoras a pé a flote, faenan na Ría de Vigo. Segundo os limites establecidos, de ameixa xapónica pode apañarse diariamente ata 7 quilos, de ameixa fina 1 quilo diario, e de ameixa vermella ata 16 quilos.    

Clemente Bastos Patrón Maior
A Confraría demanda un maior control por parte das administracións.
Falta de subvencións para cría
Hai tres anos que a Confraría non recibe axudas para repoboar os bancos marisqueiros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará