Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un mozo portugués acepta 9 anos de cárcere por secuestrar a dúas coidadoras de Aldeas Infantís

RR_Noticias

O noivo da nai que fuxiu cun menor tutelado pola Xunta aceptou 9 anos e medio de cárcere por secuestrar a dúas coidadoras de Aldeas Infantís de Redondela. Os feitos aconteceron no ano 2011, e cando as retivo ameazounas de morte cun coitelo. A acción do implicado permitiu á nai escapar co menor, e aínda seguen ocultos.

O acusado, o portugués Bruno P.T., admitiu na vista por conformidade na Quinta Sección da Audiencia de Pontevedra, con sede en Vigo, que “o que fixo foi malo” e que actuara baixo os efectos das drogas. Pediu perdón e desculpas ás coidadoras, que sofren tensión postraumática. A avogada do acusado dixo que actuou “por amor”. O detido fala cinco idiomas, furtaba libros e películas que logo vendía e desintoxicouse el mesmo. Ten 25 anos que cumpriu hoxe, no seu xuízo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará