Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Museo do Mar de Galicia celebra o 310º aniversario da Batalla de Rande

RR_Noticias

Xurxo Constenla, arqueólogo e director do futuro centro redondelán Meirande, participará no acto que se celebra mañá venres no museo de Alcabre en colaboración co grupo de arqueoloxía Alfredo García Alén.

O próximo 23 de outubro cúmprense 310 anos da batalla naval, e o Museo do Mar de Galicia vaino celebrar. Participarán, entre outros, o arqueólogo e director do proxecto Meirande de Redondela, o futuro centro de interpretación da batalla. Tamén estará o responsable das actividades de arqueoloxía submarina do grupo Alfredo García Alén, Ramón Patiño. Patiño, autor do catálogo de xacementos arqueolóxicos submarinos nas costas galegas, fará un repaso ás expedicións aos galeóns levadas a cabo tras a batalla e os seus achados. Nun coloquio posterior participarán tamén Yago Abilleira, autor de “Os galeóns de Vigo”, e Frederic Nabbe, membro do comité científico da exposición “Rande, 1702: Arde o Mar”. Deste xeito conmemórase a batalla de Rande, que tivo lugar en 1702 entre a frota anglo-holandesa e hispano-francesa, esta última refuxiada na enseada de San Simón. Como resultado do enfrontamento, calcúlase que no fondo do mar descansan os restos de máis de vinte galeóns españois e navíos de guerra franceses. Desde entón organizáronse máis de setenta expedicións de rescate das riquezas que levaban os galeóns afundidos, procedentes das Indias e cargados de prata cando chegaron á ría de Vigo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará