Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vinte e dous redondeláns máis no paro

RR_Noticias

Son os datos recollidos pola Consellería de Traballo no mes de setembro, segundo os cales o número de desempregados no Concello de Redondela o pasado mes era de 2.872 persoas. No resto da comarca destaca o balance positivo de Soutomaior, onde o paro baixou en máis de corenta persoas.

A tendencia a alza nos datos do desemprego en Redondela continúa desde o pasado mes de agosto, cando eran oitenta as persoas que atopaban emprego, o que permitía baixar da barreira dos 3.000 parados. Un bo comportamento que tamén se repetía no mes de xullo, con noventa parados menos, pero a tendencia mudou a partir de agosto. No pasado mes foron vinte e dúas as persoas que se sumaron as listas do INEM en Redondela, o que supón un rexistro de 2.872 desempregados no noso concello, cen máis que no mesmo mes do ano 2011. Mellor comportamento o que rexistrou o concello de Soutomaior, con 42 persoas menos anotadas nas listas do INEM con respecto ao mes de agosto. En total son 833 o número de parados deste concello cifra moi semellante a de hai un ano cando o cómputo era de 834. Tamén datos positivos en Fornelos de Montes, onde oito persoas atoparon traballo, o que deixa as listas de desempregados no concello nos 239, vinte menos que en setembro de 2011. No caso de Pazos de Borbén o paro creceu durante o mes de setembro, con oito parados máis, o que supón 435 desempregados, vinte e un parados máis que hai un ano.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará