Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela colabora cunha xornada de cooperativismo que se imparte en Soutomaior

RR_Noticias

A actividade está organizada pola Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo en colaboración cos cCncellos de Redondela, Soutomaior, Fornelos de Montes e Pazos de Borben. A charla celebrarase o 23 de outubro e a inscrición está xa aberta.

Trátase dunha actividade formativa gratuíta e presencial que se vai celebrar no Centro Neural do Concello de Soutomaior. Está dirixida a persoas desempregadas, novos emprendedores, promotores de iniciativas de economía social e persoal das administracións públicas locais relacionados coas políticas de promoción económica e desenvolvemento local. Os organizadores entenden que as cooperativas constitúen “unha ferramenta e unha oportunidade para a xeración de emprego e riqueza”. E está demostrada a súa “capacidade de resistencia” nun entorno económico adverso como o actual. Nun taller de 3 horas de duración, que se vai desenvolver o día 23 de outubro de 2012, en horario de 10:30 a 13:30 horas. darase a coñecer a fórmula cooperativa como alternativa válida e viable para o emprego. Os interesados en participar poden cubrir o formulario que atoparán na páxina web do Concello de Redondela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará