Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello retirou a terra e escombros vertidos en terreos da Comunidade de Montes de Reboreda

RR_Noticias

A Plataforma Cidadá de Redondela Contra a Autovía entende que este feito demostra “que non actuaran correctamente ao facer o verquido”. Por este motivo o colectivo pide a dimisión do concelleiro de Vías e Obras, Cándido Vilaboa.

A Plataforma Cidadá de Redondela Contra a Autovía veñen de facer público o seu apoio á presidenta da Xunta Reitora da Comunidade de Montes en Man Común de Reboreda, Rosa Fernández, ante o que consideran “abusos” do goberno local en relación co vertido por parte do Concello, de vinte camións de terra e refugallos procedentes da limpeza de viais. Un vertido que Fernándea denunciara por terse feito “sen autorización administrativa e contra o acordo da asemblea de comuneiros de Reboreda”. Por iso solicitan tamén a dimisión do edil de Vías e Obras, Cándido Vilaboa. Xustifican esta petición “non só pola súa implicación na comisión dun delito contra o medio ambiente”, senón tamén “por calumniar” á presidenta da Comunidade de Montes de Reboreda, que actuou “na asunción das súas competencias” como responsable máximo da Comunidade de Montes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará