Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco gaña pola mínima ao Verín

RR_Noticias

O equipo redondelán conseguiu darlle a volta á tendencia negativa das últimas semanas, logo de dúas derrotas consecutivas. Ao partido ante o Verín o conxunto de Jacobo Montes chegaba tocado tras perder co Areas e o Xuventú Sanxenxo e, ademais, con seis importantes baixas. Pero os redondeláns souberon sacar o mellor de si e suplir as importantes ausencias para reencontrarse co triunfo.

Preferente Sur
Choco 1-0 Verín
As cousas non foron sinxelas para o Choco, que se impuxo pola mínima nun encontro demasiado trabado, pouco vistoso e no que tivo que xogar en inferioridade numérica desde o minuto 49 pola expulsión por dobre cartolina amarela de Adrián Buján. Os redondeláns marcaron na súa única chegada perigosa. Foi nun gran centro desde a dereita de Diego que Chus rematou cun preciso golpe de cabeza picado abaixo para lograr o que, ao cabo, sería o tanto decisivo (1-0, min.16). O resultado déixaos na 8ª posición da táboa. A próxima semana terán unha saída complicada xa que xogan no campo do líder, o Barco.
Segunda Autonómica
Lavadores 2-2 Choco B
Bo partido no que se enfrontaban veteranía e xuventude, e que rematou con reparto de puntos. Na próxima xornada reciben en Redondela ó Coruxo, da parte baixa da táboa.
Chapela 0-1 Vilariño
Os redondeláns perderon co que ante onte era o pechacancelas do grupo. A próxima xornada xogan no campo dun dos equipos máis forte da liga, o Victoria.
Catoira 0-1 Soutomaior
Os de Soutomaior gañaron no campo do pechacancelas do grupo, pero por un axustado resultado. O domingo reciben ó Mosteiro, da metade da táboa.
Cañiza 6-1 Nespereira
O Nespereira non se está a afacer á categoría, e aínda non sumou ningún punto no que levan de liga. Están a encaixar moitos goles, como esta pasada fin de semana na Cañiza. O domingo recibe ó equipo das Neves.
Terceira Autonómica
Arcade 2-1 Cesantes
O derbi saldouse con vitoria local, o que deixa aos dous equipos en situacións moi diferentes neste arranque de liga. O Arcade está nos postos altos da táboa, cun partido menos, e o Cesantes na parte baixa, xa que aínda non sumou ningún punto. A próxima fin de semana o Cesantes recibe ó Santomé e o Arcade xoga no campo do Caroi.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará