Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Escola de Música de Chapela comeza o curso 2012-2012 cun total de 130 alumnos

RR_Noticias

Os usuarios do centro teñen idades comprendidas entre 3 e 65 anos. As clases comezan este mes de outubro no Multiusos do Piñeiral do Crego, á espera de que rematen as obras da nova escola nos baixos do Pavillón de Chapela.

Este curso a Escola de Música de Chapela conta con unha variada oferta de materias tanto de Música clásica como moderna e tradicional. Tamén imparten clases de música e movemento para nenos a partir de 3 anos, linguaxe musical para nenos e adultos, e clases de instrumento en vintetrés modalidades distintas. As clases son impartidas por profesorado con titulación de Grado Profesional e Superior, e durante o mes de outubro impartiranse provisionalmente no Multiusos do Piñeiral, á espera de que rematen as obras das novas instalacións da Escola de Música, nos baixos do Pavillón de Chapela. A matrícula segue aberta ata completar as prazas dispoñibles. As persoas interesadas poden inscribirse no teléfono 636.124.635.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará