Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Fondo Galego presenta en Redondela o contacontos “Antía, Wamba e o regato pequeno”

RR_Noticias

A proposta da compañía A Tropa de Trapo chega esta tarde ó Multiusoso da Xunqueira cun espectáculo baseado en historias con música en directo e dirixido a un público familiar. A cita é ás 18.00 horas con entrada de balde.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que preside a concelleira redondelá Teresa París, chega a Redondela coa obra de Marta Ortiz e Brais das Hortas. O conto está protagonizada por Antía, unha nena galega, e Wamba, un mozo do Congo que se busca a vida vendendo de todo na rúa. Os contos del e as merendas dela fundiranse nunha amizade que lle aprenderá a Antía que compartir non é dar o que che sobra e que, como din na tribo de Wamba, o río énchese con regatos pequenos. O espectáculo xirará ata finais de ano por vinte Concellos socios do Fondo Galego de Cooperación. “Antía, Wamba e o regato pequeno” tómalle o relevo aos “Contos coas mas abertas”, que desde 2010 percorreron un total de 61 escenarios de 48 Administracións socias do Fondo Galego, colleitando unha excelente acollida. O novo espectáculo da Tropa de Trapo volve contemplarse no Plan de Sensibilización, cofinanciado pola Xunta de Galicia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará