Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de 40 comerciantes ofrecerán os seus produtos na Feira de Oportunidades de Redondela

RR_Noticias

Unha cita comercial que se consolida na Alameda de Redondela e que este ano duplica a oferta con respecto á edición anterior. Roupa, calzado e complementos serán os sectores máis representados, pero haberá outros como deportes, fogar, agasallos ou informática. Prolóngase toda a fin de semana, e na tarde do sábado celébrase tamén a Festa de Fin de Verán.

A feira consegue reunir unha ampla representación de toda a oferta comercial de Redondela, segundo explica Julia Alonso, da Asociación de Empresarios. Ademais a feira non se limita á oferta comercial, tamén haberá actividades paralelas de ocio, tanto par adultos como para nenos, con diferentes propostas en función das idades. A feira estará aberta ó público toda a fin de semana, tanto o sábado como o domingo con horario ininterrompido. Ás actividades súmase na tarde-noite do sábado a Festa de Fin de Verán, que ofrecerá un espazo para mozos e adultos na Pista da Xunqueira, e outro para nenos na Alameda. Haberá música, xogos e mesmo sorpresas, con algún “famoso” convidado. Alonso lembra tamén a importancia de ir vestidos de branco, xa que os que así acudan serán convidados a consumicións.  

Julia Alonso da Asociación de Empresarios
Todos os sectores estarán presentes na feira.
Actividades de ocio
Haberá actividades paralelas para nenos e adultos.
Festa Fin de Verán
Os hosteleiros despiden o verán cunha festa na que é recomendable vestir de branco.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará