Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Lendas e música cos Tres Contantes e Sonantes

RR_Noticias

Unha contacontos, unha violonchelista e un guitarrista dan vida a este grupo que achega o sábado a Redondela “As viaxes polas fragas dos biosbardos”. Un espectáculo con música en directo onde os máis pequenos se deixarán sorprender por dragóns, meigas e sereas, dentro da programación do Festival de Monólogos Lareta.

“As viaxes polas fragas dos biosbardos” é un conto musicado que trata sobre unhas terras habitadas por personaxes mitolóxicos. Un espectáculo para nenos, pero recomendado para toda a familia, xa que transportará tamén ós adultos “ao mundo máxico da imaxinación”. Carmen Conde, encargada de contar as historias, explica que viaxando por estas paraxes máxicas os nenos coñecerán, ao longo de catro contos, catro seres fantásticos. O primeiro deles é un personaxe ben coñecido polos nenos de Redondela, a Coca, un dragón protector de tesouros. Para Conde Gaute será algo “moi especial” traer a Coca a esta vila, porque será como presentala “na súa casa”, e salienta deste dragón que é un ser “moi agarimoso”. O resto de personaxes son a Moura, unha moza que vive baixo un feitizo; a Xacia, serea de auga doce que habita no Miño, e a Dama de Castro, unha bruxa boa que fai o posible por axudar. A cita é o sábado, ás 19.00 horas no Multiusos da Xunqueira, dentro da programación do festival Lareta, que organiza o Servizo de Normalización Lingüística de Redondela. As entradas custan 2 euros.  

Carmen Conde contacontos
Unha historia de personaxes mitolóxicos onde a música forma parte da maxia.
A Coca como protagonista
O dragón redondelán é un dos seres desta historia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará