Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Centro Social Chan das Pipas inaugura o seu curso con novas ofertas de formación

RR_Noticias

O colectivo de Saxamonde inclúe como novidades as clases de violín e a colaboración coa Escola de Música de Chapela que ofrecerá un curso de solfa. Xunto con estas novidades, o Centro procura manter e reforzar a súa oferta na que destaca o inglés oral para cativos e adultos.

Outras ofertas para este curso 2012-2012 son as actividades dedicadas á música e o baile tradicional galegos. O aeróbic e a danza libre completan un amplo abano de posibilidades lúdicas e formativas. O obxectivo do Centro Social Chan das Pipas é abarcar “un amplo sector de idades e de intereses diferentes”, e as actividades están abertas tanto ás persoas socias da entidade como as non socias. En resumo, para o público infantil e xuvenil, teñena matrícula aberta en clases de baile, pandeireta e canto tradicionais, gaita, percusión tradicional, inglés oral, solfa e violín. Para o público adulto a oferta é: aeróbic, inglés oral, danza libre e baile tradicional. Este próximo venres, día 28, teñen programadas reunións para fixar os horarios de solfa, violín e percusión tradicional. As persoas interesadas poden pasar polo Centro para se informaren, ou chamar ós teléfonos teléfonos 667 646 327 (Eva) ou 672 014 402 (Concha).
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará