Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arealonga acolle a Festa do Mexillón 2012

RR_Noticias

Os hostaleiros da zona ofrecen este ano unha festa que se amplía no número de días e actividades. Comezará esta tarde e prolóngase ata a noite do domingo, xornadas nas que agardan repartir ata 10.000 quilos deste produto elaborado en diferentes especialidades. Unha paella mariñeira xigante e as actuacións musicais son outras das propostas.

A festa gastronómica comezará hoxe ás 18.00 horas coa apertura da carpa e das casetas informativas. Neste recinto poderase degustar empanadas de millo e de trigo, mentres que os mexillóns estarán á venda, con prezos populares, nos establecementos de hostalaría. Nesta edición a ración de mexillóns estará a 2 euros e a de empanada entre os 3 e 4. A botella de viño das adegas Rubiós custa 7 euros. Tomás Lorenzo, da organización, explica que o sábado o cociñeiro Manolo Aguinchos elaborará unha paella mariñeira “xigante”, para 1.500 persoas. Sobre todo salienta que o obxectivo deste evento é que o mexillón “o tesouro da ría”, sexa “o gran protagonista da fin de semana”. O día grande será o domingo coa lectura do pregón a cargo de Luís Espada, defensor do Cidadán. Unha vez rematada a intervención, os asistentes terán a posibilidade de degustar na carpa mexillóns elaboradas de diferentes maneiras. Os organizadores tamén tiveron en conta a música, programando un serán para esta noite e actuacións musicais na carpa o sábado e domingo. A festa está organizada pola Asociación de Hostaleiros da Praia de Arealonga e conta co apoio do Concello de Redondela, do Padroado de Turismo Rías Baixas e da asociación de Bateiros de Chapela. O cartel da festa é obra do artista Antón Pulido, que quixo recoller “o tesouro desta ría, os mexillóns, dentro dunha cesta que leva unha nena”. Os organizadores teñen instalada unha carpa con paneis informativos sobre os lugares de interese turísticos de Redondela e das festas que se celebran neste municipio.  

Tomás Lorenzo da organización.
Fálanos das actividades que se van celebrar durante a fin de semana entre elas a elaboración dunha paella xigante.
Concurso de pratos
Todos aqueles que o desexen poderán participar no concurso de pratos que terán como principal ingrediente o mexillón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará