Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A oposición rexeita o servizo de emerxencias mancomunado con Soutomaior, Mos e Pazos

RR_Noticias

O grupo popular non tivo o respaldo necesario do resto dos grupos para sacar adiante un grupo de atención a emerxencias para os catro municipios xestionado pola Deputación de Pontevedra. PSOE, BNG e AER rexeitaron o plan por entender que se trata dunha proposta “electoralista” que non resolve os problemas de Redondela. O pleno aprobou tamén unha moción de AER que denuncia as cargas “desproporcionadas” contra os manifestantes do 25-S, malia o voto en contra do PP.

Unha longa sesión plenaria a de onte, que tivo que rematar ás doce da noite, logo de catro horas de debate, aínda que quedaban pendentes varias comparecencias de concelleiros, e tamén rogos e preguntas dos grupos da oposición. Unha das cuestións que suscitou máis interese foi a proposta do goberno de Javier Bas para crear un grupo de atención a emerxencias. O plan, que non se aprobou ó ser rexeitado polo resto dos grupos, contemplaba un convenio cos municipios de Soutomaior, Pazos de Borbén e Mos. O proxecto “piloto”, tería só unha duración de tres meses, ata decembro, e estaría xestionado pola Deputación de Pontevedra, tal como explicou o voceiro popular, Alberto Pazos. Desde AER xustificaron a súa negativa polas “lagoas” que presentaba o texto, e polo feito de que sexa o ente provincial “o que tome as decisións”. Desde o BNG rexeitaron o plan por “electoralista”. O concelleiro Xoán Carlos González lamentou que o Concello non dera solución ó problema do Grumir e se limitara a negociar un convenio “que queda en mans da Deputación”. Os mesmos argumentos foron expostos polo PSOE, e o edil Luis Orge chegou a acusar ó goberno local de “enganar” á cidadanía con este plan de emerxencias, cunha achega de 56.000 euros por parte da Deputación pero que non determina cales serían as obrigas económicas dos Concellos. Movilización do 25-S O pleno aprobou tamén unha moción de AER que denuncia as cargas “desproporcionadas” contra os manifestantes do 25-S, e pide o cese do ministro de Interior, Jorge Fernández, e a delegada do goberno en Madrid, Cristina Cifuentes, por xustificar a actuación policial. O edil de AER, Jorge Varela, presente na manifestación, criticou tanto a actuación dos axentes como a dos dirixentes políticos. Tanto BNG como PSOE apoiaron a moción, compartiron con AER que a actual policial fora “brutal” e criticaron tamén a “manipulación” por pare dalgúns medios de comunicación. A moción foi aprobada cos votos en contra do PP, que se manifestou disposto a pedir “unha investigación sobre os feitos”, pero non a condenar a actuación dos axentes nin dos responsables do goberno.  

Alberto Pazos PP
O concelleiro defendeu a creación dun grupo de emerxencias xestionado pola Deputación.
Jorge Varela AER
Varela rexeitou a proposta quedar a o servizo baixo a dirección da Deputación.
Xoán Carlos González BNG
Os nacionalistas cualificaron a proposta de "electoralista".
Luis Orge PSOE
Os socialistas entenden que a proposta é "un engano" para a cidadanía.
25-S AER
Varela cualifica de "desproporcionada" a actuación policial.
25-S BNG
Cecilia Pérez xustificou o apoio á moción de AER.
25-S PSOE
Luis Orge manifestou o apoio do PSOE á moción de AER.
25-S PP
O voceiro popular rexeitou a moción de AER.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará