Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Rede Galega de Sementes celebra un encontro en Redondela con charlas, obradoiros e trocos

RR_Noticias

A Alameda acolle o sábado a quinta edición deste certame, que inclúe actividades para os máis pequenos, obradoiros sobre xerminados, charlas sobre abellas e biodiversidade e degustacións, feira de produtores e artesáns, un xantar popular e concertos.

Esta iniciativa ten como obxectivo favorecer o intercambio de sementes de todo tipo de verduras e hortalizas, tanto de variedades locais como foráneas, e ao mesmo tempo promover a sabedoría dos agricultores e as tradicións ligadas ao campo. Durante o encontro desenvolverase tamén unha feira con produtos ecolóxicos e, ao longo do día, impartiranse charlas e obradoiros relacionados coas sementes e a biodiversidade, así como actividades lúdicas infantís. O encontro comezará ás 10.00 horas na Alameda redondelá e prolongarase até a noite, cun xantar popular ás 14.00 horas. En caso de choiva, o encontro trasladaríase ao recinto da feira de gando, na Avenida de Mendiño. Os organizadores da iniciativa animan a todas as persoas que teñan sementes propias a que acudan ao encontro cunha mostra para cambialas por outras que lles poidan interesar. A Rede Galega de Sementes é un colectivo social preocupado pola conservación da biodiversidade agrícola. Desde a súa constitución organizou varios encontros en Santiago e Redondela co fin de pór en coñecemento e valor a recuperación de variedades locais e a diversidade de cultivos.  

Troco de sementes
Edgar Martínez da Rede Galega de Sementes fálanos do intercambio de sementes e o seu obxectivo.
Leite vexetal a partir de xerminados
Este será o contido dun dos obradoiros da quinta edición deste certame.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará