Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Illa de San Simón acolle un seminario de formación do programa “Xuventude en Acción”

RR_Noticias

Este curso de formación responde á filosofía de ser un programa educativo de aprendizaxe sobre temas específicos, destinado a mellorar as competencias, os coñecementos, as cualificacións e as actitudes dos participantes. É un programa creado para promover a mobilidade dos mozos e mozas europeos, infundindo así un sentimento de cidadanía europea activa, solidariedade e tolerancia.

A Illa de San Simón acolle ata o próximo luns o curso ‘Tic Tac Multilateral Training Course to support quality in Action 4.3’, organizado pola Rede de axencias do programa Xuventude en Acción, da que forma parte Galicia. Trátase dun curso de formación dirixido especialmente a líderes xuvenís e traballadores no ámbito da xuventude no que participan un total de 24 persoas procedentes de Austria, Bélxica, Bulgaria, Croacia, Chipre, Alemaña, Rusia, Macedonia, Polonia, Romanía, Eslovaquia, España, Turquía e Reino Unido. O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, participou hoxe neste seminario que ten como obxectivos a promoción do programa ‘Xuventude en Acción’ como ferramenta educacional, a simulación dos primeiros pasos da organización dun proxecto da Acción 4.3 (cursos de formación) nun equipo internacional; o desenvolvemento das competencias do participantes na planificación de procesos de educación non formal e aprendizaxe intercultural; e a promoción da participación da xuventude e da cidadanía europea como elemento clave no deseño dun proxecto de ‘Xuventude en Acción’.
Este curso de formación responde á filosofía de ser un programa educativo de aprendizaxe sobre temas específicos, destinado a mellorar as competencias, os coñecementos, as cualificacións e as actitudes dos participantes. Estes cursos serven para mellorar a calidade do traballo con mozos e mozas en xeral e dos proxectos do programa en particular.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará