Hoxe é Martes 5 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela rende homenaxe ós heroes da Concha

RR_Noticias

Tripulación, adestrador e directiva do C.R. Chapela foron recibidos onte no Concello de Redondela para recoñecer a excelente temporada do equipo. Subcampións la LGT, remataron o calendario clasificándose para a Bandeira da Concha de San Sebastián, onde participaron coa elite do remo estatal na que se coñece como a Olimpiada deste deporte. Desde o club piden agora un maior apoio económico por parte do Concello para seguir nesta liña.

O alcalde, Javier Bas, recoñeceu o excelente traballo do club e amosou o seu agradecemento “polo gran esforzo do equipo”, que levou o nome de Chapela e de Redondela ao máis alto do remo estatal. Tamén o concelleiro de Deportes, Jesús Crespo, salientou a “excelente temporada” do C.R. Chapela, e especialmente a gran experiencia vivida en San Sebastián, onde acompañou ó equipo na Bandeira da Concha. O presidente do club, Fernando Collazo, sinalou que malia ter perdido a Liga Galega de Traiñeiras na última regata, o equipo fixo “a mellor temporada da súa historia”, e confiou en poder contar coa axuda do Concello para repetir os éxitos deste ano. A crise económica está a facer que as entidades deportivas vexan moi reducidos os seus ingresos, o que supón un esforzo aínda maior para clubs modestos como o C.R. Chapela, polo que piden o compromiso do goberno local e o resto de institucións “para poder seguir nesta liña”. O adestrador, Fran González, fixo tamén fincapé neste asunto. Sinalou que Redondela non debe deixar escapar esta xeración de remeiros, que demostraron estar ó máis alto nivel. Por iso insistiu en que o apoio económico por parte das administracións é fundamental para poder continuar nesa liña “e manter o mesmo bloque” na tripulación.  

Javier Bas alcalde
Bas recoñece a gran temporada do C.R. Chapela.
Fernando Collazo adestrador
O club fixo a mellor temporada da súa historia
Fran González adestrador
O técnico afirma que sen axudas institucionais non poderán manterse os resultados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará