Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ilusión e moito “swing” da Orquestra de Saxos de Redondela no disco “En SaxSimón”

RR_Noticias

O terceiro traballo desta singular agrupación será presentado esta tarde na Casona da Torre, en Cedeira. Gravado en directo na illa de San Simón, o disco percorre estilos diferentes que van desde a música tradicional galega, pasando polo tango, o bolero e o swing. O domingo repiten concerto no Multiusos da Xunqueira.

Elisa Arias, directora da orquestra, explica que é moito “o esforzo que hai detrás deste disco”, pero tamén moita ilusión. A experiencia foi “inesquecible”, logo de gravalo en directo durante catro días na Illa de San Simón, e abarca música de diferentes estilos. Inclúe adaptacións de temas galegos como “Unha noite na eira do trigo” ou “Catro vellos mariñeiros”, e tamén clásicos como o bolero “Bésame mucho”, tamén tangos, “funk” e moito “swing”, cunha selección de pezas de Glenn Miller. O compositor José Pérez Arias é o encargado de escribir e arranxar os temas para orquestra, que conta xa con quince anos de historia ligada ao Conservatorio de Redondela. Neste tempo non fixo máis que medrar, e xa son medio cento os seus compoñentes, con saxofonistas de todas as idades. Para a súa directora o único segredo do seu éxito é que todos forman un gran equipo unido “polo amor á música” e no que todos gozan deste traballo. Recoñece que o esforzo das familias “é moito”, e agradece que sempre se involucren nos proxectos da orquestra. Salienta tamén o apoio do público de Redondela e as parroquias, os seus “incondicionais” que son “unha gran motivación” para a orquestra. A presentación do disco “En Sax Simón” será esta tarde, ás 20.00 horas, nun acto na Casona da Torre, en Cedeira. O domingo repetirán o concerto no Multiusos da Xunqueira, á mesma hora, con entrada libre.  

Elisa Arias directora
Elisa fálanos do último disco da Orquestra de Saxos.
O éxito da Orquestra de Saxos
O amor pola música é o que fai funcionar a Orquestra de Saxos.
Música de En SaxSimón
Un adianto do disco cunha selección de temas de Glen Miller.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará