Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un mozo de 19 anos foi detido en Fornelos como propietario dunha plantación de marihuana

RR_Noticias

A Garda Civil incautou na súa horta ata 84 plantas, con tamaños desde os 75 centímetros ata os 3 metros de altura. Logo de esfollar as plantas o resultado foron 24 quilos de marihuana. O detido carece de antecedentes policiais.

Axentes da Garda Civil do posto de Fornelos de Montes detiveron neste municipio a un mozo, R.R.R., de 19 anos de idade, como presunto autor dun delito contra a saúde pública, por ser o propietario dunha plantación onde había 84 exemplares de marihuana. Segundo informa o Instituto Armado, o arresto do mozo produciuse o pasado mércores, no marco das investigacións que as forzas de seguridade veñen realizando para erradicar a venda e o cultivo de plantas estupefacientes.
As xestións realizadas polos axentes do posto de Fornelos permitiron localizar a plantación, que estaba ao aire libre nunha horta. Non é o único caso na comarca nas últimas semanas. A Policía Local de Redondela localizou a finais do pasado mes de agosto outra plantación nunha leira de Cesantes na que se agochaban un total de oito plantas de marihuana, cun peso total de 5,5 quilos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará