Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Subida á Estación Vella abrirase ao tráfico en outubro con novo firme, beirarrúas e iluminación

RR_Noticias

Os traballos na estrada que sobe desde Ernestina Otero ata a N-552 comezaron por unha avaría na rede de auga. O mal estado da rede levou á concellería de Vías e Obras a renovar toda a canalización. Agora os técnicos municipais traballan nun proxecto para mellorar a seguridade viaria na zona que inclúe beirarrúas, iluminación na zona do túnel baixo a N-550 e a colocación dun firme que mellore a adherencia en caso de choiva.

Trátase dunha estrada moi utilizada por peóns e vehículos para saír do centro da vila e dirixirse cara a parroquia de Cedeira ou Vigo. Hai xa dúas semanas que o acceso está pechado ó tráfico por mor dunha avaría na rede de abastecemento de auga. O mal estado das tubaxes levou ó departamento de Vías e Obras a renovar toda a canzalización e substituíla por outra de maior capacidade. Cándido Vilaboa, o concelleiro responsable da área, explica que tamén se aproveitarán as obras para separar a recollida das augas pluviais e as da rede de saneamento. Os técnicos municipais traballan tamén nun proxecto para mellorar a seguridade viaria na zona e facilitar a circulación dos peóns e os coches. Está prevista a construción de beirarrúas e a instalación de puntos de iluminación no túnel baixo a estrada N-550. Outra da preocupación dos técnicos é decidir o tipo de firme que levará a rúa e estudan entre varias alternativas aquela que garanta “unha mellor rodaxe e máis adherencia” para os vehículos en caso de choiva. Vilaboa afirma que os traballos rematarán “o antes posible”, aínda que todo apunta a que non será ata outubro cando se poida volver a circular por esta estrada. Os traballos estarán financiados entre o Concello e a empresa Aqualia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará