Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela vive a súa II Festa Popular

RR_Noticias

A asociación Froles Mareliñas celebra este sábado unha xornada festiva na alameda con diferentes grupos de baile e música tradicional, exhibicións deportivas de balonmán e baloncesto e unha proba de atletismo aberta a participantes de todas as idades. Tamén haberá degustacións gastronómicas de produtos típicos galegos e xogos populares.

Logo do éxito da primeira edición a asociación cultural Froles Mareliñas celebra a súa segunda Festa Popular na alameda da parroquia. Como na anterior edición misturarán música e baile tradicional galegos con competicións deportivas. O presidente da asociación, Modesto González, Tito, convida a todos os veciños a achegarse para “vivir un día diferente xunto con todos os veciños”. As actividades comezarán ás 11.30 horas coa carreira “Correr e andar”, unha proba “non competitiva” e aberta a participantes de todas as idades, organizada polo Club de Atletismo de Redondela. Tamén haberá exhibicións deportivas cun triangular de balonmán e outro de baloncesto que organizan o Balonmán Chapela e o Club de Baloncesto Redondela. En canto ás actuacións ó longo de toda a xornada haberá música e baile coas agrupacións Círculo Cultural e Recreativo de Chapela, grupo Tarambainas de Lavadores, Escola de Froles Mareliñas, Anaquiños de Chapela, Tangaraño de Mos, Lembranzas da Ría de Cangas e o grupo Briteiros. Ademais a organización convida a todos os grupos de música e baile galego “a que participen libremente” cos seus instrumentos nesta festa. No parque infantil haberá xogos populares para os nenos, como a rá, ou a chave, e tamén degustacións de produtos típicos como empanadas, polbo, sardiñas, e sobremesas caseiras. Convidados internacionais Un grupo de mozos e mozas de Serbia, Macedonia e República Checa participarán tamén nesta II Festa Popular Froles Mareliñas. Atópanse en Redondela participando nun programa de voluntariado ambiental, e prometen sorprender ós asistentes interpretando algunha peza da música tradicional galega.  

Tito presidente de Froles Mareliñas
A organización mistura o baile e música galegos coas actividades deportivas.
Festa participativa
Convidan aos grupos que o desexen a actuar na alameda.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará