Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha axenda para tomar “boa nota”

RR_Noticias

Os nenos redondeláns contan neste inicio de curso cunha nova ferramenta de axuda. Unha axenda escolar 2012-2013 coa que ademais de organizar as súas tarefas escolares, tamén coñecerán elementos característicos do patrimonio e a cultura do noso Concello. As aulas comezaron onte sen incidencias para máis de 2.200 alumnos redondeláns de Educación Infantil e Primaria.

O Servizo de Normalización Lingüística e a Concellería de Ensino de Redondela veñen de editar unha axenda escolar para os alumnos de 2º e 3º ciclo de primaria e de 1º e 2º da ESO. Ademais de servir como lugar de apuntamento dos deberes tamén pretende dar a coñecer ao alumnado algúns aspectos da riqueza cultural e o patrimonio de Redondela, ás veces moi descoñecidos para eles. Inclúe coplas, ditos, refráns, adiviñas, referencias culturais e etnográficas de Redondela e tamén información sobre a toponimia e o patrimonio local. Outro dos obxectivos desta axenda é promover o uso da nosa lingua na onomástica a través da correcta utilización dos nomes de persoas, nas celebracións, e dos nomes de lugares. Tamén recolle diversos modelos de comunicación entre as familias e a escola, celebracións escolares e festivas e un apartado específico sobre toponimia, coa intención de animar aos rapaces a que recollan os nomes de lugar das distintas parroquias, que nalgúns casos poden desaparecer. A edición foi elaborada coa colaboración da coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos colexios de Redondela, que achegaron textos e diverso material gráfico.
Máis de 3.300 alumnos comezaron o curso na comarca
As aulas comezaron onte nos centros de Infantil e Primaria da comarca con total normalidade. Redondela é o municipio con máis alumnos, cun total de 2.209 (717 en Infantil e 1.492 de Primaria). Soutomaior suma un total de 818 alumnos, Pazos de Borbén 196 e Fornelos de Montes 90.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará