Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os concelleiros do BNG de Pazos abandonan a formación pero manterán as súas actas

RR_Noticias

Boa parte dos simpatizantes da formación deixan tamén o BNG logo de constituír a Asemblea Nacionalista de Pazos. Xustifican a decisión no distanciamento que se produciu nos últimos tempos entre a traxectoria política do Bloque e os seus simpatizantes “da base”.

Os concelleiros nacionalistas de Pazos de Borbén, Luciano Otero Camiña e María Mercedes Míguez Fontán, xunto cunha ampla maioría da Asemblea Local do BNG, anunciaron a súa decisión de abandonar esta formación política. Tamén foron decisións maioritarias a constitución da Asemblea Nacionalista de Pazos de Borbén e que os concelleiros conserven as súas actas. Como noutros Concellos, en Pazos tamén se produciu “un distanciamento” entre militantes e simpatizantes de base coa traxectoria política do BNG. Este afastamento impedía que a Asemblea Local se identificase coa organización. No caso de Pazos de Borbén o BNG contaba cun número maior de simpatizantes que militantes, aínda que eran os simpatizantes os que máis contribuían á existencia do Bloque no municipio. Ademais o BNG estaba a poñer trabas á participación de simpatizantes de Pazos nas actividades políticas da organización, o que provocou que a gran maioría da Asemblea Local decidise emprender un novo camiño fóra do BNG. Para iso, constituíuse a Asemblea Nacionalista, que está totalmente aberta á participación de todos os veciños, e que será a ferramenta coa que os nacionalistas de Pazos continúen o seu traballo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará