Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Afectados polas preferentes maniféstanse en Redondela e piden a devolución dos seus aforros

RR_Noticias

Aproveitando o día de feira na vila varias ducias de veciños afectados polas proferentes fixéronse ouvir con sonoras pitadas ás portas da sucursal de Novagalicia Banco da rúa Alfonso XII. Esixen que as administracións autonómica e central se impliquen para darlle unha solución ós afectados, que en Redondela son máis de 300.

Ao berro de “mans arriba, isto é un atraco”, os afectados concentráronse ás portas da entidade, fronte ó Concello, para pedir unha solución e a devolución dos seus aforros. Aseguran que “non se fían” da arbitraxe proposta pola Xunta, e aseguran ter “moito medo” a perder o 70% dos seus aforros cando se aprobe o Real Decreto do Goberno. Os afectados insisten en que son “pequenos aforradores”, non inversores, e que moitos deles precisan recuperar os seus cartos. É o caso de Juan, un veciño de Redondela que agora se atopa no paro e non pode recuperar os seus aforros. Este veciño recoñece estar disposto a perder “parte dos intereses que cobraron” cando constituíron os fondos, pero non “a quedar sen nada”. Piden unha solución por parte do goberno da Xunta, logo que o seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, “impulsase a fusión das caixas”.  

Juan veciño afectado
Piden que lles devolvan os seus aforros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará