Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Comunidade de Montes de Reboreda denuncia actos vandálicos nunha plantación experimental

RR_Noticias

Desde abril de 2011 están a traballar nun proxecto de recuperación na zona que durante anos foi o vertedoiro de lixo de Redondela. Desde o comezo producíronse actos de sabotaxe, roubos de plantas e desfeitas intencionadas. Os comuneiros xa interpuxeron varias denuncias, e os danos causados superan os 2.000 euros.

Esta plantación experimental ten como obxectivo recuperar os terreos do antigo vertedoiro, e para iso elixiron especies “con gran capacidade de rexeneración do solo e absorción de metais pesados”. Rosa Fernández, a presidenta da Comunidade de Montes, explica que malia sufrir constantes actos vandálicos, seguiron facendo esforzos “por repoñer e coidar” a plantación. O resultado foron varias árbores de tamaño considerable, algunhas cun porte de ata 6 metros de altura e diámetro no tronco de ata 15 centímetros. Ao longo do verán volveron sufrir “ataques”, e apareceron esnaquizadas 30 das mellores árbores da plantación. Esta mesma semana repetíronse os ataques, nos que romperon uns 40 exemplares, e tamén roubaron plantas que foran repostas a pasada semana. Fernández denuncia que debe haber alguén “moi interesado en que a plantación experimental non vaia adiante”. A Comunidade de Montes xa interpuxo varias denuncias e hai unha investigación aberta para descubrir ós culpables. Os danos económicos superan os 2.000 euros, pero os comuneiros sinalan que “os danos morais son incalculables” para todos os veciños que durante meses dedican centos de horas de traballo de xeito altruísta en beneficio da Comunidade de Montes. Con todo, Rosa Fernández asegura que os actos vandálicos “nin van quedar impunes nin van a desanimarnos”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará