Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de 200 persoas poderán aprender inglés sen moverse de Redondela

RR_Noticias

O IES Pedro Floriani comeza a funcionar este mes de setembro como sede da nova sección da Escola Oficial de Idiomas con sete grupos de nivel básico e intermedio de inglés, para mellora as competencias lingüísticas neste idioma. Os interesados poden facer a súa preinscrición até o 15 deste mes.

 A nova unidade oferta no centro redondelá 210 prazas en total durante o curso 2012-2013 que se dividirán en tres grupos de nivel básico con noventa prazas e outros catro destinados ao nivel intermedio, con 120 prazas. Deste xeito cúmprese unha vella demanda do concello de Redondela que permitirá aos que desexen aprender esta lingua non ter que desprazarse até Vigo nos primeiros anos de aprendizaxe. Os interesados poden formalizar a súa preinscrición até o 15 de setembro a través da páxina web www.eoidigital.com/preinsxunta. O listado de adxudicación das prazas poderase comprobar a partir do 18 de setembro ás 23.00 horas na web ou no taboleiro da escola de idiomas de Vigo. Os admitidos deberán matricularse entre o 19 e 26 de setembro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará