Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

150 alumnos participarán nos cursos de informática municipais en Redondela e Chapela

RR_Noticias

Ata o venres, 7 de setembro, o departamento de Novas Tecnoloxías ten aberta a matrícula para cursos de Alfabetización Dixital, Tarefas Básicas de Oficina, Contabilidade e Navegación por Internet. As clases impártense nas aulas CEMIT de Redondela e Chapela cunha duración trimestral.

Os interesados poden inscribirse no Multiusos da Xunqueira, en Redondela, ou no departamento de Servizos Sociais de Chapela, nos baixos do Pavillón Municipal. Os cursos son variados, e responden “ás demandas dos propios usuarios”, segundo explica Olalla Casanova, do departamento de Novas Tecnoloxías. No caso de Alfabetización Dixital, para persoas que por primeira vez toman contacto coa informática, impártense dous niveis, e para este ano contan como novidade cun grupo avanzado no curso de Tarefas Básicas de Oficina. Ademais ofrecen o curso de Internet Navegando pola Rede, que ten como obxectivo ofrecer ós alumnos ferramentas para saber moverse neste medio, utilizar as páxinas web, configurar correo electrónico ou a creación de blogs. Pero ó mesmo tempo fará fincapé nas vantaxes das novas tecnoloxías na procura de emprego. Neste caso desde o Concello están a implicar a todas as concellerías para que os redondeláns “teñan todas as ferramentas posibles” para acceder ó mercado laboral. Neste caso internet ofrece multitude de páxinas web con ofertas e demandas de emprego, que grazas a estes cursos, os alumnos poderán utilizar cun maior aproveitamento. O prazo de matrícula está aberto ata o 7 de setembro, e no caso de haber máis solicitudes que prazas, farase un sorteo público. Os cursos terán un custe único de 39 euros para os tres meses. Máis información no servizo de Novas Tecnoloxías, Multiusos da Xunqueira, no teléfono 986 400366 e na páxina web www.redondela.es.    

Olalla Casanova de Novas Tecnoloxías
Os cursos municipais organízanse en función da demanda dos veciños.
Búsqueda de emprego
Os cursos de Navegación por Internet son unha ferramenta moi útil na búsqueda de emprego.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará