Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Lenda denuncia que os atrasos no cobro das subvencións pon en perigo a súa actividade

RR_Noticias

A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental atravesa unha delicada situación económica debido á falta de pagamento de axudas e concertos que teñen pendentes desde hai meses. Jaime Figueroa, tesoureiro do colectivo, demanda das administracións local e autonómica que faga efectivas as súas achegas para poder seguir dando servizo a máis dun cento de usuarios.

O traballo de Lenda en Redondela pasa polo seu Centro de Rehabilitación, na rúa Reberiano Soutullo e o Centro Ocupacional na rúa Prego de Montaos. Hai xa 18 anos que desenvolven un traballo “que deberían cubrir as administracións públicas, pero que non o fan”, tal como denuncia Jaime Figueroa, tesoureiro de Lenda. Na asociación explican que as familias con persoas con enfermidades mentais comezaron a súa andaina “para dar resposta ás súas necesidades”, xa que nin a Sanidade Pública nin os Servizos Sociais daban solucións. Contan con subvencións de diferentes administracións, e recentemente renovaron o seu concerto co Sergas, por un total de 135.000 euros, pero os continuos atrasos teñen a Lenda pendente dun fío. Por outra banda están tamén pendentes de asinar o convenio co Concello de Redondela, que ascende a 10.000 euros, e que leva “cinco meses de atraso”. Outro problema engadido é a decisión do goberno central de eliminar as bonificacións fiscais aos colectivos como Lenda, o que lle supón un incremento de gastos duns 7.400 euros anuais. Figueroa lembra que nestes últimos anos se a asociación continúa coa súa labor é “grazas á boa vontade dos seus empregados”, que en ocasións acumulan varios meses sen cobrar. Lenda é unha asociación sen ánimo de lucro, e declarada de Utilidade Pública, e que ofrece emprego estable a oito traballadores. A súa desaparición suporía polo tanto “máis persoas no paro”, ademais dun grave problema asistencial “para máis dun cento de familias de Redondela”, xa que deixarían de contar con programas de apoio e rehabilitación para as persoas con enfermidades mentais. Se falamos do conxunto de toda Galicia este tipo de asociacións atenden máis de 3.000 familias con enfermos mentais. Figueroa salienta ademais que, sen a atención axeitada, estes enfermos agravarían o seu estado, polo que precisarían de ingresos hospitalarios e outros servizos “moito máis caros para a administración”.  

Jaime Figueroa tesoureiro
O atraso nos pagos das subvencións poñen en perigo o futuro de lenda.
Atención ós enfermos e familias
Figueroa explica que prestan este servizo porque a Sanidade Pública non o fai.
Un problema sanitario e laboral
De pechar entidades como Lenda agravaríase a situación dos enfermos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará