Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A festa máis doce de Moscoso

RR_Noticias

A parroquia de Pazos de Borbén celebra o domingo a XII Festa da Chula. Este típico produto galego servirase en variedades doces e salgadas, con cabaza, chocolate ou bacalao. O menú complétase coas sobremesas caseiras que achega nos propios veciños, e as racións de churrasco, paella e polbo.

Chulas tradicionais, con chocolate e toffe, de cabaza ou de bacalao son algunhas das variedades que se servirán a partires das 11.00 horas. Non faltarán os pratos caseiros que achegan os propios veciños da parroquia: sobremesas dos gustos máis variados, tortillas e empanadas. As racións de churrasco, paella e polbo son outras ofertas gastronómicas para contentar aos padais máis esixentes. Gloria Peleteiro, da organización, explica que son moitos os veciños que colaboran e ofrecen “as súas especialidades”, polo que o menú é do máis variado. Como cada ano agardan que os produtos estrela sexan as chulas de cabaza e as de chocolate recheas de toffe. A oferta é ampla, e son moitos os que cada ano se achegan a Moscoso, no Torreiro de Festas da Igrexa, ben para pasar o día e xantar na carpa, ou ben para levar para a casa unha saborosa sobremesa. A organización decidiu manter “os mesmos prezos desde hai varios anos”, xa que hai que facer “axustes” nestes tempos de crise. As chulas véndense entre 0,50 e 1 euro, segundo a variedade, e as racións de paella e churrasco son a 6 euros. A xornada contará tamén con animación musical a cargo do grupo de música tradicional Lembranzas da Ría.  

Gloria Peleteiro da organización
Na festa hai unha ampla oferta de produtos gastronómicos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará