Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela entra nas “Olimpiadas” do remo

RR_Noticias

O Club de Remo redondelán sorprendeu en San Sebastián ó clasificarse para a final da Bandeira da Concha, e será a única participante allea á ACT, ademais dos anfitrións. A traiñeira de Fran González fixo unha regata memorable, con mal tempo e mar revolto, e o premio é participar na proba máis importante do remo a nivel estatal.

Será o equipo máis modesto entre a elite do remo nacional, un dos “sete magníficos”, como os define Fernando Collazo, presidente do club. O equipo está a vivir “un soño” feito realidade. A embarcación de Chapela foi a gran protagonista da regata clasificatoria para a bandeira máis prestixiosa de traiñeiras ao marcar o sexto mellor tempo. Quedou a once segundos de Tirán, que entrou como quinto barco, mentres Kaiku fixo o mellor crono nunha xornada marcada polo mal tempo e o mar revolto. Chapela, que quedou ás portas de gañar a Liga Galega, fixo a regata perfecta, e deixou fóra a equipos que tradicionalmente están nesta proba, como San Pedro e Orio. Os redondeláns fixeron posible o soño na única ciaboga do día, ao asinar un tempo de 12 minutos e 24 segundos que convidaban a pensar que a sorpresa era posible. No longo de volta aínda foi máis rápida e acabou entrando co sexto tempo. O resultado lévaos a “facer historia” no remo redondelán, e Collazo agarda que “todos os veciños de Redondela celebren este éxito” e convídaos a viaxar a Donostia o próximo domingo para vivir “a gran festa do remo”. Logo dos sorteos, Chapela loitará con Kaiku, Urdaibai, Hondarribia, Astillero, Tirán, San Juan e a Donostiarra por levar a bandeira máis prezada. Aínda que para eles xa é un gran premio competir os dous próximos fins de semana na baía donostiarra. Copa Galicia de Balonmán O equipo de Chapela, da Primeira Nacional, xogará a semifinal diante do Frigoríficos do Morrazo, da Liga Asobal. O encontro dispútase mañá sábado, ás 19.00 horas, no pavillón San Francisco Javier, na Coruña. Dúas horas antes, ás 17.00, dispútase a outra semifinal entre o Academia Octavio, que defende o título, e o OAR Coruña, os anfitrións.  

Fernando Collazo presidente do club
O equipo conseguiu facer realidade un soño.
Celebración de todos os redondeláns
No club agardan que todos os veciños celebren este éxito.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará