Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Curva á Esquerda, Dr. Zaius, Pus de Alce e Druídas conforman o cartel do Teixeira Rock

RR_Noticias

O venres celébrase no Viso a primeira edición deste festival de música rock co que arrancan as Festas da Teixeira. A organización pretende así incorporar tamén actividades para a mocidade dentro da programación tradicional das Festas das Dores. O domingo celebran unha sesión infantil con inchables e “festa da espuma”.

O certame musical está en enfocado á mocidade da comarca pero aberto a tódolos públicos. Jose Carlos Novelle, da Comisión de Festas da Teixeira, explica que o seu obxectivo é repartir os cartos recadados en varias actividades, e así chegar ao públicos “de todas as idades”. Por iso nace o Teixeira rock, coa participación de Curva a Esquerda (Porto do Son), Dr. Zaius (Bueu), Pus de Alce (Pontevedra) e Druídas (Arcade). O concerto comezará ás 23.00 horas no Torreiro da Festa, e habilitarase unha zona de aparcamento xunto ó Campo de Fútbol do Cesantes. O sábado día 1 de setembro celébranse as Festas das Dores, cun pasacalles pola parroquia do Grupo Rías Baixas e a continuación a tradicional ofrenda floral á Vixe das Dores no Pereiro. Pola noite actuarán as orquestras Ciudad de Vigo e Mar Azul. O Domingo haberá pasacalles coa Banda de Música Cultural de Arcade, e ao mediodía participarán na procesión xunto coas pandeireteiras Flor de Toxo. Antes da chegada á Igrexa terá lugar o encontro co Sagrado Corazón de Xesús acompañado polos gaiteiros Asubíos de Portocedeira. Festa Infantil O domingo pola tarde organízase unha festa para os nenos, con entrada de balde, na que haberá inchables, animación con Bob Esponxa e festa de espuma. Con esta sesión infantil a organización quere ofertar alternativas de lecer para tódolos públicos, neste caso os máis cativos, fomentando as actividades familiares. Pola noite contarán coas actuacións dos grupos Alvein e Novo Milenio.  

José Carlos Novelle da organización
A Comisión de Festas ofrece unha programación con actividades para todas as idades.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará