Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Mulleres no obxectivo” no Multiusos da Xunqueira

RR_Noticias

A mostra fai un percorrido pola vida laboral das mulleres desde a óptica de diferentes fotógrafos galegos, e inclúe a peza audiovisual “Mulleres XX” sobre a historia do mundo do traballo en feminino. A exposición pode visitarse en horario de 8.00 a 14.00 horas.

A Concellería de Cultura ofrece esta mostra, que recolle fotografías de 23 fotoxornalistas galegos que tentan reflexar, desde unha óptica de normalidade e respecto, as imaxes que nos achegan ao día a día das mulleres e a súa relación diaria co traballo ao longo da historia, ademais da conciliación da vida laboral e familiar. Dentro da mostra, comisariada por Belén Fortes, inclúese a peza audiovisual “Mulleres XX”, sobre as mulleres galegas e o traballo. Esta peza, que toma o nome do cromosoma feminino, amosa ás primeiras traballadoras do sector téxtil, do conserveiro, ás primeiras redeiras, ás mestras, ás lavandeiras, ás médicas, ás xornalistas, etc… dende o pasado ata a actualidade. Ademais, o vídeo, que ten como eixo temático a progresión da mulleres en distintos postos laborais ata chegar ao momento actual, conta con testemuñas e valoracións deste camiño percorrido realizadas por mulleres de recoñecido prestixio polo seu traballo en distintos campos da actividade económica, intelectual ou social. A exposición conta, ademais, confondos do Centro Galego de Artes da Imaxe e o Museo ANFACO da Industria Conserveira.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará