Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cesantes acolle a última proba puntuable da LGT-B

RR_Noticias

Despois dunha longa ausencia da competición de traiñeiras, o CCD Cesantes está a piques de rematar a súa participación na Liga Galega de Traiñeiras B. E farano na casa, xa que eles son este domingo os anfitrións da última regata do campionato, antes de que se disputen os play off. No club valoran positivamente a volta a esta competición na que agardan consolidarse para o ano.

Xa pasaran dez anos desde que o club de Cesantes non competía na máxima categoría do remo. O seu responsable, Ignacio Novelle, recoñece que na entidade levaban “varios anos tentando volver á traíña”, e nesta temporada foi posible, aínda que cun equipo “moi novo”. Gran parte dos remeiros son xuvenís, e para moitos é o primeiro ano no que participan en regatas. Con todo a ilusión do equipo levounos a completar este campionato. Se ben é certo que os resultados os deixan na última posición da liga (sumaron 9 puntos), para o club a experiencia “foi moi positiva”. Novelle lembra que non tiñan marcado ningún obxectivo a nivel deportivo, xa que eran conscientes da limitación do barco, con poucos remeiros e, en xeral, inexpertos. Pero demostraron estar ilusionados co proxecto, e súa única meta é volver participar a próxima temporada, consolidarse e tentar mellorar na medida das súas posibilidades. O sábado participan na VII Bandeira Concello de Muros, e o domingo será a Bandeira do Círculo Cultural e Deportivo Cesantes. O campo de regatas será desde o peirao cara a Illa de San Simón. O Club de Remo Mecos, do Grove, é o favorito a facerse co título de liga, actualmente lideran a clasificación, seguidos de Perillo, a dous puntos.  

Ignacio Novelle do CCD Cesantes
No club valoran positivamente o regreso á competición en traíñas.
Última regata puntuable
Antes do play off dispútase a regata en Cesantes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará