Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dous detidos en Redondela por circular sen permiso e por incidentes no Entroido de Verán

RR_Noticias

Axentes da Policía Local detiveron o domingo en Cesantes a un motociclista por circular sen permiso de conducir e sen seguro. Na noite do sábado, nas celebracións do Entroido de Verán, outro mozo foi detido por desobediencia e agresións ós axentes policiais.
O detido por incumprir a normativa de Tráfico é A.P.D., veciño do Viso, de 24 anos.

Eran as 15.30 horas de onte domingo, cando os axentes localizaron no Camiño Real, en Cesantes, ao motorista, que carece de permiso de conducir. O mozo, que tentou fuxir dos axentes, foi interceptado minutos despois, logo de chocar contra un turismo. Foi trasladado ó centro de saúde, onde foi atendido por feridas nunha perna, e a Policía Local comprobou que tampouco contaba co seguro obrigatorio do ciclomotor. Foi detido e hoxe pasará a disposición xudicial.
A detención da noite so sábado, ás 23.00 horas, produciuse cando unha patrulla da Policía Local custodiaba o escenario de King África. Un participante na festa amosouse violento cos axentes, e chegou a agredilos, polo que foi trasladado a dependencias policiais. Unha vez alí volveu a atentar contra os policías, o que levou ós axentes a detelo e trasladalo á comisaría. Trátase de J.M.P.B., de 24 anos e veciño de Redondela, e está acusado de resistencia, desobediencia, insultos e atentado contra os axentes.
Rescate na praia de Arealonga
Un bañista estivo a piques de perecer afogado o sábado na praia de Arealonga ao sufrir unha parada cardiorrespiratoria. A vítima, veciño de Vigo, foi rescatado por un dos socorristas da praia e puido ser reanimado grazas á intervención de dúas enfermeiras que se atopaban no areal de Chapela. O home entrara na auga a recoller o balón dun neno e, tras nadar uns 30 metros, quedou quieto e boca abaixo. Uns bañistas que se atopaban na zona avisaron rapidamente aos socorristas, que o sacaron da auga. O home atopábase inconsciente, e dúas enfermeiras que se atopaban na praia realizáronlle unha masaxe cardíaca e respiración artificial ata que recuperou as constantes vitais. Uns minutos despois unha ambulancia trasladouno a un centro hospitalario de Vigo, logo de estabilizalo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará