Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Anova-Irmandade de Redondela manifesta o seu apoio ó fotógrafo Rafael Estévez

RR_Noticias

A formación nacionalista expresou a través dun comunicado a súa solidariedade co reporteiro gráfico, veciño de Redondela, que o pasado luns foi detido pola Policía Nacional no aeroporto de Peinador, cando cubría a chegada dos medallistas olímpicos galegos.

Anova-Irmandade denuncia que o fotógrafo foi “agredido brutalmente” polos axentes nunha intervención policial que consideran “desproporcionada”. Os feitos sucederon durante o multitudinario recibimento no aeroporto aos deportistas David Cal, Teresa Portela, Gómez Noya, Begoña Fernández e Tamara Echegoyen. Aena non habilitou ningún espazo como sala de prensa para as ducias de xornalistas que cubrían o acto. A aglomeración provocou momentos de tensión. Estévez foi detido por unha suposta agresión a un policía e foi acusado dos delitos de desobediencia e atentado a un axente da autoridade, feitos que el nega, e polos que se solicitaba pena de cárcere, de entre un e tres anos de prisión. O martes celebrouse un xuízo rápido con acto de conciliación no xulgado de garda de Vigo, pero o avogado do fotógrafo e a fiscalía non chegaron a un acordo. Agora as dilixencias abertas trasladaranse a un xulgado, de instrución ou penal, segundo a cualificación que faga a fiscalía dos feitos. Colectivos como o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o sindicato de Xornalistas de Galicia, entre outros, manifestaron tamén a súa solidariedade co reporteiro, e condenan “o uso desproporcionado da forza” por parte da Policía Nacional.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará