Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.R. Chapela busca o título de liga en Boiro

RR_Noticias

A Liga Galega de Traiñeiras chega ó seu fin coa Bandeira Concello de Boiro. O Club de Remo de Chapela ocupa a primeira praza do campionato, aínda que o rival directo, Amegrove, está a só dous puntos, polo que todo se decidirá esta fin de semana. En canto ás posibilidades de participar nos play-off para ascender á liga ACT no club son pesimistas, xa que a falta de apoio económico por parte do Concello fai imposible optar á categoría.

A recta final da Liga Galega de Traiñeiras-A está máis emocionante ca nunca. A igualdade entre o os clubs de Chapela e Amegrove ao longo do campionato, e mesmo a melloría de resultados de Meira nestas últimas semanas, fará que todo se decida na última regata. Os días 18 e 19 deste mes participan na XXII Bandeira Concello de Boiro, onde se decidirá o campión de liga. Encabeza a clasificación o club redondelán, pero a tan só dous puntos de distancia dos grovenses. Para o presidente do C.R. Chapela, Fernando Collazo, sería “un soño” facerse co título logo do duro traballo feito polo equipo nos últimos anos. O obxectivo está xa moi preto, pero é consciente de que a vantaxe sobre os seus inmediatos seguidores é mínima, polo que deben facer “unha boa regata”. Con esa idea se desprazan a Boiro, onde agardan que os acompañe o bo tempo “e o mar en calma”, o que beneficiaría ó barco de Chapela, vistos os resultados das regatas anteriores. Outra gran ilusión para o club redondelán, é o feito de poder participar nos play-off de ascenso para a liga ACT, ao que optan os dous primeiros clasificados da liga galega. Con todo Collazo amósase pesimista en canto a esa opción, non pola calidade deportiva do equipo, senón pola falta de apoios económicos. O presidente do club lamenta a negativa do Concello a facer unha achega que lles permita afrontar a participación do C.R. Chapela na elite do remo a nivel estatal. A directiva do club entende que o goberno local “non ten en conta ó remo malia os bos resultados do equipo”, mentres si apoia a outros deportes. Por outra banda están aínda pendentes de recibir as axudas “comprometidas o pasado ano” e que de non facerse efectivas porían nunha situación “crítica” ao C.R. Chapela.  

Fernando Collazo presidente
No club agardan cumprir o soño e facerse co título.
Bandeira Concello de Boiro
Collazo agarda ter o mar en calma nesta última proba do calendario.
Falta de apoio
No club lamentan a falta de apoio por parte do Concello que os limita para participar na liga ACT.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará