Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O novo curso contará con Aula Matinal para os alumnos do CEP Santa Mariña e a EEI A Marisma

RR_Noticias

A ANPA Ernestina Otero organiza a partires do mes de outubro o servizo, en horario de 7.30 a 9.00 horas. As familias poderán contratalo con almorzo ou sen el, tanto ao longo de todo o mes como en días soltos, en función das súas necesidades.

Co gallo de axudar a conciliar a vida familiar e laboral a asociación de pais pon en marcha esta Aula Matinal conxunta. O servizo realizarase conxuntamente para o alumnado dos dous centros nas instalacións do CEP Santa Mariña, e serán os monitores da empresa os encargados de trasladar logo aos rapaces de Infantil ao seu centro. Poderase utilizar este servizo con almorzo ou sen el, todos os días do mes, só algúns ou de xeito esporádico. Desta maneira pode cubrirse a demanda das familias en función das súas necesidades e horarios. Os prezos van desde os 2 euros diarios por unha hora de servizo de gardería, ata os 52.20 euros que custa o servizo mensual con almorzo todos os días. Ademais os monitores realizarán cos nenos diferentes actividades adaptadas á idade e capacidade dos participantes: xogos, relaxación, lectura de contos e audicións, actividades manuais, exercicios de psicomotricidade suaves, etc. Ao comezo do curso a ANPA Ernestina Otero enviará as circulares para dar información e inscribirse no servizo, así como as normas de funcionamento, táboa de prezos, menús dos almorzos, etc.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará