Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Éxito de participación na I Festa do Polbo no Viso

RR_Noticias

O cefalópodo foi o protagonista da xornada de onte domingo na Teixeira. Máis de 3.200 racións vendidas son o reflexo da boa acollida que tivo entre o público a primeira edición desta festa gastronómica. E desde a organización xa teñen claro esta cita terán que repetila nos próximo anos, logo de superar as súas mellores expectativas.

O Torreiro da Gándara quedou pequeno para recibir ás máis de 3.000 persoas que se achegaron á Teixeira para participar na festa, co que se desbordaron as previsións máis optimistas. Ao longo da xornada vendéronse máis de 3.200 racións de polbo, 500 botellas de viño branco e 700 de tinto, ademais de refrescos e outras bebidas. A partires da unha do mediodía as colas para adquirir o polbo xa cruzaban o torreiro mentres a música tradicional amenizar o evento. A organización homenaxeou ao veciño da parroquia, Josiño da Teixeira, pola seu traballo na difusión da cultura e a música tradicional por toda Galicia. Este fixo o papel de pregoeiro e regueifeiro, cuns versos homenaxeando o acto festivo e á comisión organizativa. Os máis pequenos tamén gozaron do evento pois tiveron á súa disposición xogos e inchables, que estiveron moi concorridos durante toda a xornada. Os organizadores amosáronse moi satisfeitos polo resultado desta primeira festa do polbo, que agardan repetir o próximo ano. Pero antes terán que celebran aínda as festas grandes do barrio, os Dolores, que se celebran na Teixeira desde o 31 de agosto ata o 2 de setembro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará