Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cursos de informática en Redondela e Chapela

RR_Noticias

A Concellaría de Novas Tecnoloxías ten aberta a matrícula para cursos de Alfabetización Dixital, Tarefas Básicas de Oficina, Contabilidade e Navegación por Internet. As clases impártense no Multiusos da Xunqueira e na aula CEMIT de Chapela. A matrícula está aberta ata o 7 de setembro.

Os cursos son trimestrais, e para este ano contan como novidade cun grupo avanzado no curso de Tarefas Básicas de Oficina. Ademais ofrecen o curso de Internet Navegando pola Rede, que ten como obxectivo ofrecer ós alumnos ferramentas para saber moverse neste medio, utilizar as páxinas web, configurar correo electrónico, os chat, a creación de blogs, o uso de portais de emprego, redes sociais, descarga de programas, etc. O prazo de matrícula está aberto ata o 7 de setembro, e no caso de haber máis solicitudes que prazas, farase un sorteo público. No caso de non cubrirse o 80% das prazas, o curso non se realizará. Os cursos terán un custe único de 39€ para os tres meses. Os alumnos poderán ademais deixar constancia a través da ficha de inscrición, os cursos nos que estarían interesados para poder logo, no caso de non completar un grupo, poder cambialo por outro que teña mais demanda. Máis información no servizo de Novas Tecnoloxías, Multiusos da Xunqueira, no teléfono 986 400366 e na páxina web www.redondela.es.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará